OS ANIMAIS
Os animais de dous en dous, u-ah!, u-ah!
Os animais de dous en dous, u-ah!, u-ah!
Van subindo á Arca de dous en dous
O boi, a vaca e o caracol
E soben cando chove e cando fai calor
Os animais de tres en tres, u-ah!, u-ah!
Os animais de tres en tres, u-ah!, u-ah!
Van subindo á nave de tres en tres
A garza farta e o cempés
Din adeus coa súa patiña, andando do revés
Os animais de catro en catro, u-ah!, u-ah!
Os animais de catro en catro, u-ah!, u-ah!
Van de catro en catro os animais
E o saltón saltou de máis
Quere pillalo un home que filma documentais
Cap comentari:
Publica un comentari a l'entrada